InicioEconomíaNace a Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia que aglutina...

Nace a Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia que aglutina ao 20% da produción estatal

A organización parte da Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia, que funciona desde o ano 2019 con 34 gandarías que producen 12 millóns de quilos de leite.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Gandeiros de leite ecolóxico constituíron en Lugo unha organización a nivel estatal que aglutina ao 20% da produción de leite cru de todo o Estado.

A organización parte da Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia, que funciona desde o ano 2019 con 34 gandarías que producen 12 millóns de quilos de leite.

Destas, 29 súmanse á organización, que aglutina ao 12,4% das explotacións de bovino de leite de España e ao 20% da produción estatal de leite cru.

Segundo os seus promotores, o obxectivo “é mellorar o propio sector, optimizando os custos de produción e mellorar as condicións para os socios”.

A asociación fai un chamamento aos gandeiros de produción ecolóxica a sumarse “para obter un beneficio mutuo”.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...