InicioLugo e contornaPortomarínAberta a investigación polo accidente dun globo aerostático en Portomarín

Aberta a investigación polo accidente dun globo aerostático en Portomarín

A consecuencia do accidente, tres dos pasaxeiros resultaron feridos leves, mentres os outros sete tripulantes e o piloto resultaron ilesos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil, dependente do Ministerio de Transportes, abriu investigación polo sinistro de globo aeroestático ocorrido o pasado sábado, 14 de maio, no municipio de Portomarín, onde tivo que aterrar de emerxencia.

Segundo figura nas pescudas preliminares, a falta do informe técnico que se publicará coas conclusións da investigación, o globo Cameron Z-250, operado por Globos Boreal, “sufriu un descenso incontrolado mentres se atopaba en fase de cruceiro, o que provocou que terminase impactando contra o terreo nunha zona boscosa”.

Durante o descenso, nun accidente ocorrido ás 10,30 horas, “o globo impactou contra un poste de cemento dun tendido eléctrico, derrubándoo”. A consecuencia do accidente, tres dos pasaxeiros resultaron feridos leves, mentres os outros sete tripulantes e o piloto resultaron ilesos. O globo sufriu danos menores na barquilla.

Segundo informou o 112 Galicia, o globo tivo que aterrar de forma brusca nunha zona arboredo debido a un golpe de vento. O piloto do aeróstato viuse obrigado a levar o artefacto ao chan por unha treboada que afectaba o lugar por onde viaxaban. Ocorreu nas proximidades de Soengas de Abaixo, en Portomarín.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...