InicioLugo e contornaOuteiro de ReiLuz verde á ampliación do centro de saúde de Outeiro de Rei

Luz verde á ampliación do centro de saúde de Outeiro de Rei

Pasará a integrar o PAC da contorna nas mesmas instalacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade e o Concello de Outeiro de Rei asinaron este mércores o protocolo que permitirá integrar o Punto de Atención Continuada (PAC) e o centro de saúde no mesmo edificio. Segundo informou Sanidade nun comunicado, este acordo prevé ampliar en case 335 metros cadrados o edificio do actual centro de saúde para dar cabida á PAC, dotalo de máis espazos e integrar tamén a base da ambulancia localizada.

O titular de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, asinaron o protocolo entre ambas as institucións para a execución das obras de ampliación do centro de saúde.

A ampliación do centro de saúde de Outeiro de Rei figura na fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado polo Consello da Xunta en outubro de 2021. En concreto, priorízase a “necesidade asistencial de integrar estes dous puntos de asistencia sanitaria”, incide Sanidade, porque eses espazos contan con “dimensións e distribución pouco funcionais para o seu uso sanitario”.

Neste sentido, o plan funcional prevé unhas novas instalacións de 334,6 metros cadrados, cun maior tamaño das consultas de Medicina e Enfermaría e da sala de observación que alberga o box de críticos, así como a incorporación de novos espazos como unha sala polivalente ou vestiarios, ademais de integrar tamén a base da ambulancia localizada.

Sanidade concretou que estas novas instalacións prevén ser construídas de modo anexo ao actual centro de saúde. Así, o protocolo asinado este mércores “dá cobertura legal ao Concello para comezar o proceso de adquisición da parcela limítrofe ao actual centro de saúde”, sinala Sanidade, “e compromete á Xunta a executar as obras de reforma e ampliación do centro de saúde de Outeiro de Rei unha vez posta a disposición a parcela necesaria”, abunda.

ÚLTIMAS

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...

Trasladan ao hospital a un home tras un atropelo en Castro de Rei

Un home de 50 anos resultou ferido e tivo que ser trasladado a un centro...

Denunciado por cuadriplicar a taxa máxima de alcoholemia e ter un accidente en Lugo

A Policía Local de Lugo denunciou por un delito contra a seguridade viaria a un condutor,...

Dous menores e a súa nai, trasladadas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Monterroso

Dous menores e a súa nai tiveron que ser evacuadas na madrugada deste venres...