InicioPolíticaCarballo bótase á rúa e promete un programa electoral participativo

Carballo bótase á rúa e promete un programa electoral participativo

O primeiro acto de campaña do alcaldable do Partido Popular á cidade de Lugo serviu para presentar un "calendario maratoniano" de visitas ás 54 parroquias

PUBLICADA O

- Advertisement -

Menos dunha semana despois de ser presentado en sociedade como candidato á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo protagonizou o primeiro acto en solitario antes de comezar a campaña para as municipais de 2019 en outubro. O presidente da agrupación local do Partido Popular incidiu na idea dunha cidade aberta, na participación e o contacto constante coa cidadanía.

Carballo botarase á rúa para tomar o pulso dos habitantes de Lugo, percorrendo en tres meses as 54 parroquias e máis de 600 rúas do termo municipal. Neste eixo de proximidade, convidou a todos os lucenses a manter un encontro persoal con el, sen condición previa, mercé a un sistema de tarxetas que os interesados poderán completar con información de contacto en cada visita aos barrios.

Todo na campaña xira arredor do concepto da Muralla, que ilustra o cartaz e terá abundante presenza no discurso. “Unha muralla de dez portas non é unha muralla pechada, bloqueada nin paralizada; é unha muralla aberta aos desafíos do tempo”. Carballo explicou que Lugo debe permanecer “aberta ás ideas, ao talento, ao dinamismo”, en contraposición co “bloqueo” e a “parálise” que detecta no actual executivo. 

A Muralla de Lugo vertebra a imaxe e mailo discurso da campaña de Carballo, alcaldable do Partido Popular | PP
A Muralla de Lugo vertebra a imaxe e mailo discurso da campaña de Carballo, alcaldable do Partido Popular | PP

Malia que hai meses que un comité de expertos comezou a elaborar un borrador do programa electoral, o alcaldable popular prometeu un proceso participativo “para enriquecer o programa que xa estamos perfilando”. Neste senso, Carballo avogou por coñecer de primeira man as inquedanzas dos cidadáns para conformar “un programa cen por cento participativo, porque o futuro de Lugo depende dos lucenses, e queremos que todos teñan cabida nel”.

Preguntado pola proposta que xa se está a esbozar, Carballo aclarou que en todo caso presentará “un programa realista, sen promesas improvisadas e imposibles”. O candidato, que asume o perfil de “experto en xestión”, adiantou que na derradeira semana de setembro reunirase cos equipos dos cinco distritos de Lugo, aproveitando para falar con afiliados e colaboradores. 

O agora xefe territorial da Consellería de Presidencia, continuando co argumentario que inaugurou na presentación oficial, asegurou que apostará por unha campaña propositiva “fronte a quen están instalados nas protestas e non trasladaron nin unha soa alternativa nin solución”, en referencia o executivo que lidera a alcaldesa Lara Méndez.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...