InicioSociedadeA lucense Érika Reija, gañadora do XVIII Premio José Couso de Liberdade...

A lucense Érika Reija, gañadora do XVIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa

Esta profesional, correspondente de TVE, abandonou Rusia tras a aprobación dunha nova lei que prevé sancións de ata 15 años de cadea pola difusión de noticias que o goberno ruso considere como falsas.

PUBLICADA O

Érika Reija, xornalista luguesa de TVE, é a gañadora da XVIII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. Esta profesional tivo que abandonar este 2022  a correspondencia de Moscova tras a aprobación dunha lei que “criminaliza o traballo xornalístico”, indica o Colexio.
A candidatura de Érika Reija resultou vencedora con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado. A organización do premio salientou que as catro candidaturas eran merecedoras do galardón, e destacou que a elección de Érika Reija como gañadora recoñece o labor dos medios públicos e a especial relevancia que os medios de comunicación cobran nunha situación de guerra como a de Ucraína.
“Nun conflito como este, as e os xornalistas seguen a arriscar a liberdade e mesmo a vida para trasladar a información á sociedade, unha situación de especial risco para os freelance, que suman aos perigos xerais o de non teren a cobertura directa de ningún medio”, recolle o CPXG nunha nota. Neste sentido, desde o Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol faise unha mención especial á situación de Pablo González, pola que solicitan ás autoridades “que realicen todas as xestións oportunas para que o xornalista poida recuperar a súa liberdade o antes posible”.
Nos próximos días, o Colexio de Xornalistas anunciará polas canles habituais cando se vai realizar a entrega do premio.
A PREMIADA
Érika Reija López, nada en Lugo, é licenciada en Xornalismo por la Universidad Complutense de Madrid e en Ciencias Políticas por la Universidade Nacional de Educación a Distancia. Especializada no mundo árabe, en 2004 entra a traballar en Televisión Española, como xornalista do equipo da Sección Internacional dos Telediarios. Foi enviada especial a diversos destinos, desde onde informó sobre a revolución da praza Tahrir en 2011 en Exipto, a caída de Gadafi en Libia ou o conflito entre Israel e Palestina pola Faixa de Gaza. Cubriu tamén o rescate dos mineiros chilenos de 2010 na mina San José.
No ano 2015 é nomeada correspondente de Televisión Española en Rabat e durante dous años cubre a información de Marrocos para a canle pública. En 2017 é enviada a Moscova para ocupar a correspondencia da capital rusa, desde onde se cubre para a televisión pública a información sobre Europa Oriental. A zona non era descoñecida para ela, que xa en 2014 fora enviada especial durante a anexión rusa de Crimea. Desde Moscova cubriu acontecimentos como a pandemia da covid-19, os recortes de liberdades, o efecto do cambio climático no permafrost siberiano ou a invasión de Ucraína.
O 5 de marzo deste año, abandonaba Rusia tras a aprobación dunha nova lei que prevé sancións de ata 15 años de cadea pola difusión de noticias que o goberno ruso considere como falsas. Radiotelevisión Española sumábase así a numerosos medios internacionais que decidiran saír do país como medida de protección para os seus xornalistas ante a posíbel criminalización do seu traballo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...