InicioSociedadeCondenados por estafar 36 persoas con traballos falsos no HULA

Condenados por estafar 36 persoas con traballos falsos no HULA

Os feitos sucederon en 2008, cando "os tres acusados idearon un plan para obter diñeiro de particulares a cambio da suposta obtención dun posto de traballo no Hospital Lucus Augusti de Lugo, que se estaba construíndo por entón".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas acusadas de estafa ao ofrecer traballo no Hospital Universitario Lucus Augusto (HULA) a cambio de diñeiro aceptaron penas dun ano, no caso de dous delas, e 15 meses de prisión, a terceira, no marco do xuízo sinalado para este luns na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

Os condenados son un home e unha muller de Lugo de 53 e 54 anos e outra muller de Pontevedra de 48, que se enfrontaban a penas de ata seis anos de prisión que pedía nun principio a Fiscalía e indemnizacións de ata 291.500 euros.

Os feitos sucederon en 2008. Segundo o relato da Fiscalía, “os tres acusados, postos de común acordo e guiados por un ánimo de lucro ilícito, idearon un plan para obter diñeiro de particulares a cambio da suposta obtención dun posto de traballo no Hospital Lucus Augusti de Lugo, que se estaba construíndo por entón”.

Ata un total de 35 persoas serían estafadas por este procedemento e os acusados lograron case 300.000 euros froito do feito ilícito. O avogado dun dos procesados, Miguel Fernández Freire, conformou que “se acordou unha pena de doce meses de prisión para os acusados de Lugo e unha pena de 15 meses para a outra acusada” de Pontevedra.

Así mesmo terán que satisfacer “unha pena de multa de tres meses, a razón de seis euros diarios” ou o que é o mesmo, sobre 540 euros. O letrado tamén confirmou que “se resarciron, aínda que sexa parcialmente, as responsabilidades civís e esa foi unha das atenuantes que se aplicou, e chegouse a un acordo coas acusacións particulares e coa fiscalía non se resarciu a totalidade pero fíxose na medida do posible”.

Seguidamente sinalou, que os tres acusados “tiveron coñecemento de que se ofertaba o acceso a unhas prazas e eles comentárono entre os seus coñecidos e nunca cunha intención de obter ningún tipo de beneficio, nin con ánimo de lucro se non máis ben coa intención de facerlles un favor”.

“A maior parte son xente coa que tiñan amizade ou unha relación de proximidade, e nunca tiveron ningún ánimo de prexudicar a ninguén e cónstame que un dos acusados tamén se viu bastante prexudicado por estes feitos”, subliñou. Ao ser penas que non chegan aos dous anos de cárcere, os tres procesados non entrarán en prisión.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...