InicioPolíticaA bandeira galega coa estrela vermella non estará no cuartel de San...

A bandeira galega coa estrela vermella non estará no cuartel de San Fernando de Lugo

O PP pedíu xa unha investigación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Lugo informou de que xa ordenou a retirada da estreleira, a bandeira galega con estrela vermella, colocada no cuartel de San Fernando, sobre o que o PP local pediu abrir unha investigación.

O Concello trasladou que “non se permite colocar bandeiras ligadas a formacións políticas en edificios públicos” e que por tanto mandouse “retirar”.

O goberno de Lara Méndez lamenta, así mesmo, que o PP “non dedique o seu tempo a defender os intereses dos lucenses”, facéndose eco da petición para que a Xunta “financie” a recuperación do cuartel como museo da romanización, un compromiso adquirido cos veciños e que “se nega a cumprir”, a pesar de que é un BIC e os restos arqueolóxicos son de titularidade da Xunta.

“Resulta lamentable que Feijóo marche a Madrid tamén sen cumprir este compromiso con Lugo e coa alcaldesa na reunión que mantiveron este mandato”, manifestou o goberno local, que insta “o señor Carballo a elixir se traballa por Lugo ou por manter o seu escano no Parlamento”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Pleno de Lugo aproba iniciar o expediente de nomeamento de Xoán Montes como fillo predilecto

  O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade unha proposta que impulsou...

CCOO chama á unidade sindical para negociar o convenio do comercio de alimentación en Lugo

A Federación de Servizos de CCOO Galicia fixo un chamamento ao resto de organizacións...

Cáritas Lugo alerta: medran os migrantes atendidos e os maiores sós, pero “a pobreza ten cara de muller”

Un total de 7.834 persoas foron atendidas por Cáritas Diocesana de Lugo ao longo...

Agresión a tres funcionarios na prisión de Monterroso, un deles tivo que ir ao PAC

Un preso do centro penal de Monterroso agrediu a tres funcionarios da prisión, en...