O Grupo Municipal do Partido Popular envioulle á alcaldesa, Lara Méndez, unha petición para que “identifique e sancione” ás persoas que colgaron este fin de semana unha bandeira independentista no cuartel de San Fernando.
Os populares achegan fotografías, que tamén incluíron no seu comunicado aos medios, “nas que se ve a un grupo dunhas oito persoas que portaban varias bandeiras mentres un deles subían a unha escaleira para colocar na fachada do cuartel, catalogado como Ben de Interese Cultural”, inciden.
O viceportavoz popular en Lugo, Antonio Ameijide, espera que a alcaldesa “ordene abrir inmediatamente unha investigación ante esta provocación”, xa que se trata de “un acto premeditado que se fixo á plena luz do día”. Ameijide recrimina que ata o momento “non houbese ningunha declaración pública do goberno local sobre estes feitos”, e conclúe que “resulta curioso e moi revelador ver o silencio cómplice tanto do PSOE como do BNG ante este acto propagandístico”.