InicioLugo e contornaLugoDetidos dous lucenses por estafar 8.600€ a un empresario de Burgos

Detidos dous lucenses por estafar 8.600€ a un empresario de Burgos

Enganárano co gallo dun palco VIP nun estadio de fútbol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investigou a J.P.A. (29 anos) e N.F.R. (31 anos) –localizados en Lugo– como presuntos autores dos delitos de estafa, usurpación de estado civil e de fabricación de programas informáticos destinados á comisión destes ilícitos, ao obter fraudulentamente o diñeiro destinado ao abono dun palco VIP e unha praza de parking nun estadio de fútbol da liga.

Os feitos ocorreron o pasado setembro, por mor dun e-mail que recibiu unha empresa de Burgos para facer efectivo o pago do 50 por cento do canon pola sala-palco VIP e unha praza de parking que tiña contratados para a actual tempada 2021-22 cun club de fútbol de Primeira División, acción que efectuou por transferencia; un mes máis tarde recibía un novo aviso para que efectuase o abono correspondente. Ambas as partes caeron no engano: o club fora suplantado e o empresario estafado, informa o Instituto Armado a través dun comunicado remitido a Europa Press.

A pesar do que pensan os autores deste tipo de delitos (denuncias falsas, estafas, timos ou vendas fraudulentas…) cometidos vía en liña, equivocadamente amparados polo suposto e falso anonimato que proporciona Internet e o novas TIC, ningún ilícito realizado a través da web queda impune xa que sempre existe o que se denomina ‘pegada dixital’.

A Comandancia de Burgos abría unha investigación e, no marco desta, un detallado e pormenorizado análise dos correos electrónicos destapaba que o orixinal fora manipulado. Atopáronse certas diferenzas do emitido polo club respecto ao recibido polo empresario; variaban os números de conta, a persoa de contacto, os caracteres de escritura e o formato do texto, engade o comunicado.

As indagacións e evidencias deixadas para perpetrar a estafa levaron aos investigadores ata dúas persoas que, en conivencia, foron as destinatarias da transferencia efectuada polo empresario e a quen llas vincula coa rápida retirada do diñeiro así ingresado. Os investigados foron localizados na provincia de Lugo, coa colaboración de persoal desa Comandancia galega. Non é a primeira vez que J.P.A se ve vencellado con ilícitos similares. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución Nº 3 de Burgos.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...