InicioPolíticaO PSOE de Lugo presenta unha moción na Deputación para rexeitar a...

O PSOE de Lugo presenta unha moción na Deputación para rexeitar a invasión ucraína

Reclama á Xunta un "plan de choque" para paliar o impacto económico da guerra nas empresas e nas familias galegas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo provincial do PSdeG en Lugo presentou unha moción a debater no pleno da Deputación para rexeitar a invasión de Ucraína e mostrar o seu respaldo ás vítimas da guerra. Ademais, os socialistas lucenses quixeron mostrar o seu respaldo á acción do Goberno central, do que destacan que “desde o primeiro momento” actuou “seguindo a liña das medidas propostas pola Unión Europea e a OTAN”.

Nesta mesma liña explicaron que a axuda á poboación civil e o envío de material militar para a defensa de Ucraína son os “eixos da resposta europea”, xunto coas sancións económicas ao “réxime de Moscova”.

Deste xeito, o grupo provincial socialista rexeita a guerra e expón o seu desexo de axudar á poboación civil ucraína, mentres lembra que ao longo da historia apostaron sempre pola “resolución pacífica dos conflitos” a través do diálogo, pero tamén pola necesidade de sancionar o “incumprimento do dereito internacional”.

Nesta moción tamén reclaman á Xunta un “plan de choque” para paliar o impacto económico da guerra nas empresas e nas familias galegas e insta a administración autonómica a que empregue, na medida da súa capacidade orzamentaria, recursos propios para desenvolver medidas concretas de axuda destinadas a mitigar a situación do pobo ucraíno.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...