InicioPolíticaO alcalde de Castroverde acusa á Xunta e Fegamp de ignorar aos...

O alcalde de Castroverde acusa á Xunta e Fegamp de ignorar aos municipios pequenos en materia de telecomuniaciones

"Despois de 40 anos de maiorías absolutas do PP en Galicia, o rural segue sen telefonía e os gandeiros atópanse con problemas para crotar (identificar) os animais porque existen moitas zonas escuras", di.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, José María Arias (PSOE), cargou contra a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Xunta de Galicia, ás que acusa de desentenderse da telefonía móbil nos municipios pequenos.

“Despois de 40 anos de maiorías absolutas do PP en Galicia, o rural segue sen telefonía e os gandeiros atópanse con problemas para crotar (identificar) os animais porque existen moitas zonas escuras. A Fegamp asinou un convenio coa Xunta e hai que darlle un tirón de orellas á Fegamp”, protestou o rexedor en referencia á federación que preside o seu compañeiro de partido e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela.

Arias tamén dirixe as culpas ao presidente galego, Alberto Núñez Feijoo, por “esixir” aos municipios que establezan redes de enerxía eléctrica para dar cobertura ás antenas móbiles, algo que no municipio lugués suporía “un gasto de 200.000 euros”. “Un quilómetro de liña eléctrica cústache 20.000 euros”, concretou José María Arias, que cualificou de “inasumibles” as propostas de Fegamp e Xunta.

Confía que as súas reivindicacións sirvan “para pegarlle un tirón de orellas á Fegamp, porque cando asina un convenio coa Xunta hai que saber o que se asina”. Esta situación, continúa, afecta especialmente os concellos da montaña de Lugo, “onde hai moita xente que non conta con cobertura, onde non funcionan os teléfonos ou a fibra tarda en chegar”.

É un problema que ten que asumir a Xunta, facer un plan do que necesita o rural galego“, emprazou o número dous do PSOE de Lugo, que acusa ao PP de ter “pouco interese en que Galicia avance”. “A Xunta devolve 1.400 millóns de euros á Unión Europea por non saber gastar o diñeiro e agora pídenlles diñeiro aos municipios para financiar a telefonía. É unha vergoña que o Goberno galego non teña nin idea de país”, aseverou.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...