InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo dá traslado á Xunta de 1.035 sancións covid...

O Concello de Lugo dá traslado á Xunta de 1.035 sancións covid tramitadas “sen competencias”

A Administración local transmitiu que lle reclamará á Xunta os custos da tramitación, ao ter que contratar a unha empresa ante a insuficiencia de medios técnicos e de recursos humanos propios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinou o decreto polo que se lle dá traslado á Xunta dun total de 1.035 expedientes sancionadores vinculados coa normativa sanitaria covid que o Concello se viu obrigado a tramitar antes do 26 de febreiro, data do cambio normativo galego, “sen ter as competencias para facelo”.

Segundo traslada, conclúe e arquiva os expedientes, abertos entre o 1 de setembro de 2020 e o 26 de febreiro de 2021, e remíteos ao Goberno galego porque aínda non prescribiron.

A Administración local transmitiu que lle reclamará á Xunta os custos da tramitación, ao ter que contratar a unha empresa ante a insuficiencia de medios técnicos e de recursos humanos propios.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...