InicioLugo e contornaLugoA xuízo por estafarlle 10.000€ a unha amiga finxindo falar cun avogado

A xuízo por estafarlle 10.000€ a unha amiga finxindo falar cun avogado

A muller estivo pedindo cartos á afectada para financiar as costas dun letrado que nunca existiu.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o xoves, día 24, a unha muller acusada de estafar á súa amiga con falsos custos de avogados, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e recolle a cualificación fiscal.

Con anterioridade a 2016, entre acusada e vítima estableceuse unha relación de amizade cando a primeira traballaba nunha tenda na localidade de Monforte de Lemos. Fiscalía sostén que a primeira, “aproveitándose da confianza froito da amizade nada entre elas”, enganou á outra muller propoñéndolle contratar de forma conxunta os servizos dunha avogada para así demandar a unha terceira persoa e reclamarlle unhas cantidades que debía a ambas.

“A procesada, a pesar de ser plenamente coñecedora do seu engano, finxiu durante os meses de agosto de 2016 ata abril de 2017 manter contacto profesional cunha letrada e, guiada do ánimo de lucro, esixía de forma continua” á outra muller diñeiro “en provisión de fondos simulando que eran pagos para a asistencia xurídica que estaba a prestar a avogada”. A estafa ascende, segundo o Ministerio Público, a 10.519 euros por uns feitos que cualifica dun delito continuado de estafa agravada polo que pide cinco anos de prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...