InicioCulturaProgramación completa de San Froilán 2018, con Pussy Riot ou Marky Ramone

Programación completa de San Froilán 2018, con Pussy Riot ou Marky Ramone

Lugo presenciará 280 actos durante o San Froilán 2018, do 4 ao 12 de outubro, feira declarada de Interese Turístico, diversa e integradora

PUBLICADA O

- Advertisement -

Do 4 ao 12 de outubro, vestida de festa, Lugo volve adquirir un esplendor especial. Nestes días, as prazas, a xente … todo está tinguido coa luz e coas cores especiais de outono, cores que marcan que Lugo está de patrón, que chega o San Froilán; un pretexto para unhas festas nas que a cidade, sempre aberta, se volve máis aberta ca nunca.

Con tal obxectivo, o Concello deseñou unha programación de 280 actos para todos os públicos, que presentou este venres na Praza Maior. Foi un evento multitudinario, coa presenza do voceiro da Deputación, Álvaro Santos, a rexedora, Lara Méndez, a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, membros do goberno local e axentes e artistas con oco no programa do San Froilán 2018.

Santos apuntou que a colaboración da Deputación vai na liña de seguir impulsando ao San Froilán como punto de encontro da provincia e de convivencia, onde teñan cabida todos os gustos e sensibilidades. Neste senso lembrou que, como é habitual, na praza traseira do Concello estará o tradicional mercado ArteSanFroilán, un espazo no que turistas e visitantes poderán coñecer de primeira man o gran traballo dos artesáns lucenses.

“Tradición, historia e cultura, conxugadas con modernidade e vangardismo” definen a considerada a única feira tradicional que queda en Galicia. Nesta edición, continuando con tres anos adicando o día 11 de outubro a un dos Patrimonios Mundiais de Lugo, o Camiño Primitivo recibirá novo pulo, con conferencias e andainas previas ao inicio dos festexos.

Serán os días 29 e 30, os paseos con saída ás 10.30 horas dende a parada do bus urbano da rúa Anxo López Pérez e as charlas, ás 19.00 horas, no auditorio do Centro Cultural do Vello Cárcere. Xavier Gómez Vila e Adolfo de Abel Vilela serán os encargados das ponencias, baixo os títulos Os itinerairos xacobeos pola cidade de Lugo e A presenza do Camiño na cidade de Lugo.

No San Froilán 2018, as festas patronais de Lugo teñen un programa de ampla representación internacional, con artistas coma Myles Sanko, Marky Ramone –dos Ramones– ou os grupos Fanfare Ciorcalia, de Rumanía, Pussy Riot -que actuarán por primeira vez no escenario con Ramone-, ou os latinoamericanos Nathy Peluso e Javiera Mena. Será unha edición con especial protagonismo para os artistas de Lugo, coa presenza de máis de 20 grupos locais.

Como é habitual, o Día de Ferrol (6) celebraranse Desfile de Gando, Festival de Cultura Tradicional, San Froilán Tecedeiro, feira de antigüidades, ofrenda a Rosalía, de man de Paloma Lugilde; e o Domingo das Mozas (7), mostra do traxe tradicional galego, concertos de bandas ou unha verbena como as de antes.

É a rúa, son as prazas as que acollen a festa

O San Froilán é unha festa que acolle a rúa e as prazas. Esta cita, declarada de Interese Turístico Galego e Nacional, comezará o día 4, ás 20.30 horas, co pregón do xornalista Manuel Lombao. Despois Los Pelúdez, Los Gofiones, pasarrúas, concerto folk, noite sabinera…

O propio día de San Froilán contará cun espectáculo piromusical e videomaping, na Praza Maior, ás 23.30 horas. Zenet, Adrián Vigo, Lucía Pérez e Vizcaíno súmanse aos concertos que xa estaban anunciados, como por exemplo os de Rozalén, SonDeSeu, ou Herdeiros da Crus.

O San Froilán integrador

O programa do San Froilán, cada vez máis completo e integrador, para que todos teñan a oportunidade de vivir a festa; tamén contempla este ano programación para os miúdos e miúdas, en concreto medio cento de actividades no patio do edificio administrativo do Concello; para os máis deportistas: unha vintena de citas de diversas modalidades e para os maiores, como vén sendo habitual unha verbena de tarde, o luns 8. No relacionado coa tradición, o San Froilán ten 5 días dedicados á cultura no Camiño, no Cantiño Nemesio Cobreros, con cada día dedicado a diversos oficios tradiconais; así como o Arte San Froilán (impulsado pola Deputación), ou a presentación dun número máis da colección dos Devanceiros: As festas Finiseculares, de Adolfo de Abel Vilela.

Prolongación dos buses urbanos e aparcadoiros disuasorios

Os días 4, 6 e 11 de outubro, as liñas 3A, 4, 6 e 7A prolongarán o seu servizo ata as 03:00 horas, e os días 5, 7 e 12, as liñas 3AE, 4E, 5E, 6E, ata as 02:00 horas. O Concello habilitará 4 zonas de estacionamento disuasorias, dúas en Campos Novos, As Termas e rúa das Artes. Do mesmo xeito, haberá un servizo especial de bus que conectará estas zonas co recinto feiral.

Alsa ofrecerá descontos dun 25 % para as persoas que se acheguen a Lugo entre o 1 e o 15 de outubro.

Programa completo nesta ligazón

Máis información dos festexos na web www.sanfroilan.info

De muller a muller na homenaxe a Rosalía no San Froilán

ÚLTIMAS

Ulloa Viva anima á cidadanía a presentar alegacións contra o proxecto de Altri e pide á Xunta ampliar o prazo

A Plataforma Ulloa Viva anima á cidadanía a presentar alegacións contra o proxecto de...

Piden 15 anos por maltratar e agredir sexualmente de forma continuada á súa parella diante do seu fillo menor en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulga este xoves, 18 de abril, a un home para o que...

O Concello de Lugo recibe a insignia de honra da Confraría do Bo Xesús no seu 75 aniversario

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, recibiu este sábado en nome do Concello de...

A planta que Altri proxecta en Palas de Rei será a primeira que integre os 2 procesos necesarios para producir Lyocell

A planta que Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, proxecta en Palas de Rei,...