InicioLugo e contornaLugoO pai de Desirée, tras o fallo do xurado: "nin alivio, nin...

O pai de Desirée, tras o fallo do xurado: “nin alivio, nin alegría”

"Eu á miña nena sigo sen tela", manifestou o home.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai da nena Desirée, asasinada en Muimenta pola súa nai, José Manuel Leal, confía en que Ana Sandamil, declarada culpable por un xurado popular do asasinato da menorsexa condenada á prisión permanente revisable, que é o que piden o tres acusacións; Fiscalía, acusación particular e popular.

Leal manifestou que toca “esperar” polo fallo da xuíza que dirixiu a vista oral, na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, aínda que destacou que “está todo claro porque a señora xuíza non vai ter máis remedio que ditaminar a sentenza da prisión permanente, por todo o que o xurado manifestou”.

Ademais, recoñeceu que tampouco está moi aliviado despois de máis dunha semana e tras a deliberación do xurado, tras o que afirmou que “sempre” di “que nin alivio, nin alegría, nin nada diso porque eu á miña nena sigo sen tela”. Con todo, afirmou que si podería supor “certo alivio” se finalmente a nai de Desirée é condenada á “máxima pena” tras o crime perpetrado o 3 de maio de 2019 na vivenda de Sandamil en Muimenta.

FALSO TESTEMUÑO

José Manuel Leal insistiu en que segue estudando “demandar” aos avós maternos e á directora do colexio de Desirée por “falso testemuño”. En canto aos pais de Ana Sandamil, asegura que a nai “mentiu ao dicir que non viu á súa neta morta con ningún signo de violencia, que a viu coa boca pechada e sen sangue cando as fotos evidencian como ese monstro (por Sandamil) deixou á miña filla”.

En canto á directora do colexio, aferrouse a que ten “probas” de que non se aplicou o protocolo contra acoso escolar. “Había acoso, non só á miña nena, senón a máis nenos por unhas menores en réxime de acollida que eran un pouco conflitivas”, sinalou. “A miña nena tiña medo de ir ao colexio”, concluíu.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...