InicioLugo e contornaLugoO pai de Desirée ameaza con denunciar aos avós maternos por "mentir"...

O pai de Desirée ameaza con denunciar aos avós maternos por “mentir” no xuízo

Asegura que a súa prioridade é a condena da nai.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai da pequena Desirée, supostamente asasinada pola súa nai en Muimenta, Cospeito, afirmou este mércores que non descarta denunciar aos avós maternos da nena por incorrer “en falso testemuño” durante o xuízo que se celebra estes días na Audiencia Provincial de Lugo por ese crime.

En declaracións aos medios ás portas do tribunal, pouco antes de iniciarse a cuarta xornada do xuízo contra Ana Sandamil, José Manuel Leal apuntou que estuda formular esa denuncia, ao entender que os pais da acusada faltaron á verdade. “Iso é algo que teño claro, aínda que non se está xulgando iso. O principal é o que se está xulgando e non quero desviar a atención do importante”, subliñou.

En todo caso, afirmou que “claro” que se expuxo emprender accións legais contra os avós maternos, “en moitas ocasións”, pero pospuxo a decisión porque agora mesmo a súa “prioridade” é que a presunta asasina “sexa declarada culpable e sexa condenada coa prisión permanente revisable”.

José Manuel Leal explicou que non entende “por que se mente desa forma”, en alusión ás palabras da avoa materna sobre que vira á pequena “coa boquiña pechada e sen signos de violencia”. “E comprobouse a través de fotografías e declaracións de policía xudicial o estado do corpo da nena coa boca aberta, con chagas, esnaquizada e sangue nos brazos”, lamentou.

“A maiores, a Garda Civil declara que lle piden o terminal telefónico á nai, que lle faga entrega del. A nai mira para o avó materno porque estaban xuntos na habitación e o pai di que non, que non faga entrega do terminal. Para min iso é tentar ocultar algo, cando o pai di que non faga entrega dese telefóno móbil e ela ao mirar ao pai di que non o entrega”, sinalou.

O pai de Desirée tamén valorou os testemuños dos axentes da Garda Civil que interviron na investigación e que acreditaron que a nai da nena, de sete anos, “estaba á defensiva do que se lle estaba preguntando, totalmente corda, non afectada, e aí [vén] co do brote psicótico e que non se acorda de nada”. De novo este xoves un forte dispositivo policial tivo que custodiar a chegada de Ana Sandamil á Audiencia Provincial de Lugo, e no traxecto volveu a ser increpada, con berros de “monstro” ou “asasina”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...