InicioLugo e contornaLugoO edificio administrativo do Seminario de Lugo terá un sistema intelixente para...

O edificio administrativo do Seminario de Lugo terá un sistema intelixente para a accesibilidade de persoas xordas

Permitirá representar as alertas sonoras de forma visual.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo implantará no edificio administrativo do Seminario un sistema intelixente para mellorar a accesibilidade de persoas xordas e con perda auditiva, tal e como avanzou a alcaldesa, Lara Méndez. Con esta iniciativa, o goberno local pretende “avanzar cara a unha cidade de referencia en materia de accesibilidade”. Supón, segundo as súas palabras, “continuar co traballo” que xa desenvolve o seu equipo “para eliminar as barreiras, tanto físicas como sensoriais, que resultan un impedimento para as persoas con diversidade funcional”.

Tal e como informa o Concello, é un sistema baseado en intelixencia artificial mediante o recoñecemento de sons que se instalará na planta baixa e na segunda planta do edificio de servizos administrativos, onde está a atención ao público.

Trátase dun proxecto impulsado pola área de Benestar que contempla instalar dous dispositivos que recollerán as alertas sonoras –por exemplo, alarmas de incendio, avisos de quenda e tumbres– e mostraranas en forma de notificacións visuais e sensoriais a través das luces, así como en dispositivos como móbiles ou ‘smartwatch’ a través da aplicación gratuíta Visualfy.

Así mesmo, o goberno local tratará de ter “especialmente en conta” a accesibilidade nos baños, que adoitan ser puntos cegos de accesibilidade. Para iso, instalarase unha lámpada wifi ‘E-27’ en cada un –un total de seis– que en caso de emerxencia ou de necesidade de notificación, iluminarase dunha cor determinada.

No resto de espazos do edificio do Seminario, os usuarios que así o desexen poderán recibir as notificacións de forma directa nos seus dispositivos. Ademais, o panel de control deste sistema pemitirá crear mensaxes personalizadas para mandalas, de forma accesible, a traballadores e usuarios.

Este proxecto enmárcase na estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI) ‘Muramiñae’, financiado ao 80 por cento pola Unión Europea, xa que entre os seus obxectivos melloran o uso e a calidade do TIC e o acceso ás mesmas.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...