InicioLugo e contornaLugoCazan a unha condutora triplicando a taxa de alcolemia no centro de...

Cazan a unha condutora triplicando a taxa de alcolemia no centro de Lugo

Circulaba por unha rúa peonil cando foi interceptada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a unha condutora de 49 anos que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida despois de ser interceptada cando circulaba por unha zona peonil sen autorización para iso. Segundo relatou a Policía Local, ás 18,30 horas deste pasado 6 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detectou a circulación dun turismo pola rúa San Pedro de Lugo, “de forma irregular” e “cando había gran cantidade de peóns na zona”, sen que constase autorización para circular por ese espazo peonil.

Por iso, axentes comprobaron que a condutora, de 49 anos de idade, presentaba “signos evidentes de atoparse embriagada” porque “a súa fala era pastosa e despedía un forte cheiro a alcol”. Así, foi sometida ás probas de detección alcohólica, nas que obtivo positivo de 0,79 mg/l, o que supón o triplo da taxa máxima permitida. Por iso, foi trasladada á Unidade de Sancións do corpo municipal, onde se instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

A Policía Local subliñou, ademais, que se comprobou que esta condutora non realizara o curso de sensibilización e reeducación viaria tras a suspensión xudicial do permiso de conducir por condena inferior a dous anos, polo que foi proposta para sanción de 500 euros. Pola súa banda, o vehículo no que circulaba foi trasladado polo servizo de guindastre e inmobilizado no depósito municipal.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...

O PSOE denuncia que Candia busca “intentar borrar máis dunha década de avances ambientais en Lugo”

O portavoz socialista, Miguel Fernández, denunciou hoxe que o denominado "plan intensivo de limpeza"...