InicioLugo e contornaLugoA Deputación de Lugo saca adiante os seus orzamentos para 2022 co...

A Deputación de Lugo saca adiante os seus orzamentos para 2022 co ‘non’ do PP

PSOE e BNG votaron a favor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes os orzamentos provinciais para 2022 que suman máis de cen millóns de euros, e representan “os máis altos” da última década, como destacou o presidente provincial, José Tomé. Os votos favorables dos grupos que conforman o goberno, PSOE e BNG, serviron para dar luz verde ás contas do próximo ano nun pleno no que o Partido Popular, que suma 12 deputados polos 13 que suman socialistas e nacionalistas, votou en contra.

Antes da sesión, o presidente da Deputación luguesa, José Tomé, asegurou que se trata de “uns bos orzamentos, que dan resposta ás necesidades da provincia”. O mandatario volveu a resaltar que se trata das contas “máis altas da provincia de Lugo que se aprobaron do último decenio”, un incremento que atribúe á maior achega dos fondos procedentes do Estado e “non precisamente polo aumento de fondos doutras administracións”, en alusión á Xunta.

O presidente provincial puntualizou que se asintan “sobre o catro alicerces” que, di, “son a liña de traballo deste goberno a cooperación cos concellos, mobilidade, políticas sociais e apoio aos sectores produtivos”. Pola súa banda, a vicepresidenta provincial, a nacionalista Maite Ferreiro, tamén valorou de forma “positiva” que as contas para o ano que vén “presentáronse en tempo e prazo”, o que permitirá que os concellos coñezan a principio do ano “con que orzamentos poderán contar”.

CRÍTICAS DO PP

O portavoz do PP, Javier Castiñeira, xustificou a súa oposición polas “formas, que foron os peores posibles”, xa que sostén que o goberno non lles deu “participación”. “Tivemos que decatarnos das liñas xerais en Santiago (en referencia á comparecencia de Tomé no Parlamento de Galicia) e entrégannos a documentación 18 días despois e 48 horas antes do pleno”, engadiu.

ÚLTIMAS

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...

Xaneiro, a data para poñer en marcha os servizos do centro integral de Saúde en Lugo

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña avanzou en sede parlamentaria a posta en...

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...