InicioLugo e contornaA moza transexual agredida en Lugo continúa hospitalizada

A moza transexual agredida en Lugo continúa hospitalizada

A Plataforma Feminista de Lugo sostén que se tratou dunha agresión transfóbica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha das portavoces da Plataforma Feminista de Lugo, Ana Torrón, reafirmouse en que a moza de 23 anos que foi arroxada desde a muralla de Lugo sufriu unha agresión “transfóbica”, en concreto a mans dun home co que compartira copas na zona vella da cidade na madrugada do 31 de outubro.

Torrón susténtase en que iso “foi o primeiro que dixo” a vítima, aínda que instou a esperar a que mellore o seu estado. “Ata que non se recupere totalmente e faga unha declaración en condicións pouco máis podemos achegar, pero ela desde un primeiro momento é o que apuntou”, ratificou.

A moza saíu da UCI do HULA este pasado fin de semana e atópase en planta, “acompañada da súa irmá en todo momento”. “Segue con moito dano, moita dor e un shock tremendo”, sinalou, para considerar que “vai tardar en reaccionar e porse ben e empezar a falar”.

En todo caso, a Plataforma Feminista segue implicada en asistir “á súa familia”. “Ela sabe que hai unha chea de xente en Lugo apoiándoa, cousa que agradece moitísimo. Por esta situación de vulnerabilidade total calquera mostra de agarimo é benvida”, subliñou a portavoz deste colectivo. Ana Torrón insistiu na “gran dor” que ten a vítima, e calculou que estivo “máis de seis horas abandonada, de noite, sangrando”.

“Tiña o teléfono a 30 ou 40 centímetros e non o podía coller, o que provocou unha situación de impotencia, de desesperación e de dor. Isto vai arrastrar unhas consecuencias psicolóxicas terribles. É un gran trauma, a ver como se resolve no tempo”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...