InicioSucesos900 euros de multa para cada un 17 mozos por ouriñar na...

900 euros de multa para cada un 17 mozos por ouriñar na Catedral de Lugo e outras zonas do centro histórico

Como consecuencia deste operativo tramitáronse 17 actas de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia ao sorprender na Catedral e na Travesía do Miño, especialmente na Fonte Miñá, a 16 mozos e unha moza que ouriñaban na vía pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo propuxo para sanción de 900 euros cada un a 17 mozos por ouriñar na vía pública na Catedral e noutros puntos do centro histórico lucense.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, durante a madrugada do pasado sábado 6 ao domingo 7 efectivos do Grupo Operativo Nocturno estableceron un dispositivo especial para “combater as condutas incívicas que algúns mozos levan a cabo no centro histórico”.

Como consecuencia deste operativo tramitáronse 17 actas de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia ao sorprender na Catedral e na Travesía do Miño, especialmente na Fonte Miñá, a 16 mozos e unha moza que ouriñaban na vía pública.

Por iso, os axentes propuxeron a cada un deles sancións de ata 900 euros co agravante de ser cometidas estas condutas no centro histórico da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...