InicioPolíticaA deputada e edila Sandra Vázquez do PP de Vilalba, releva como...

A deputada e edila Sandra Vázquez do PP de Vilalba, releva como portavoz municipal a Baamonde

"Agustín Baamonde foi un gran alcalde para o noso municipio como demostran todos os proxectos e obxectivos conseguidos para Vilalba grazas ao seu labor", declarou Vázquez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada autonómica e presidenta da xestora do PP de Vilalba, Sandra Vázquez, asumirá máis protagonismo político e porase á fronte da portavocía do Grupo Municipal Popular.

Así o acordaron os concelleiros durante unha reunión, despois de que o actual portavoz e exalcalde Agustín Baamonde manifestase vontade de dar un paso atrás.

Baamonde explica a súa decisión sinalando que “é un paso lóxico e necesario no momento actual”. “Encaramos o último terzo do mandato municipal e o PP de Vilalba, para constituírse en alternativa de poder, necesita consolidar un proxecto político que dea resposta á actual realidade social de Vilalba articulado a través de ideas, persoas e voces novas”, esgrimiu.

A presidenta da xestora do PP local agradece moi especialmente a Baamonde non só a súa dedicación como portavoz desde o ano 2019; senón tamén como parlamentario e alcalde: “Agustín Baamonde foi un gran alcalde para o noso municipio como demostran todos os proxectos e obxectivos conseguidos para Vilalba grazas ao seu labor”.

“E, agora, temos a honra de seguir contando con el no Grupo Municipal Popular estando na oposición”, celebrou, antes de comprometerse a traballar para que Vilalba poida superar “a parálise” na que –sostén– situouna o actual goberno local, que encabeza a socialista Elba Veleiro.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...