InicioLugo e contornaLugoLugo continúa co descenso de casos: só dous contaxios novos nas últimas...

Lugo continúa co descenso de casos: só dous contaxios novos nas últimas 24 horas

A área lucense mantén dous pacientes Covid ingresados en UCI e segue cun en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia pecha a fin de semana tras a ponte do 12 de outubro cunha baixada dos contaxios tras notificarse 26 nas últimas 24 horas, dous menos que no día anterior. Os pacientes ingresados por covid ascenden lixeiramente ata os 35, un máis; mentres que os casos activos continúan á baixa e quedan no 443 –oito menos–. O mesmo ocorre coa taxa de positividade, no 0,51%.

Segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI soben a 8 –unha máis–, mentres continúan 27 ingresados noutras unidades. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria só se alivia na da Coruña-Cee, mentres que sobe lixeiramente na de Ourense e Vigo, e mantense nas restantes. A área de Lugo continúa con dous pacientes Covid ingresados en UCI e segue un en planta.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 descenden ata os 443, oito menos, ao haber menos contaxios (26) que altas (34), e ao non haber falecidos. Lugo descende en 5 ata os 46 tras rexistrar tan só tres positivos novos nas últimas horas. Só Pontevedra e Ferrol están en niveis inferiores, con 33 e 13, respectivamente.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– descende lixeiramente ata o 0,51%, un descenso que comezou este sábado ao alcanzar o 0,88% tras o 1,61% rexistrado o venres; caer ao 0,42% o xoves, situarse nun 0,95% o mércores e nun 2% o martes, despois de iniciar a semana cun 0,5%. Así, mantense por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...