InicioLugo e contornaOs responsables das atraccións do San Froilán regalan case 500 entradas a...

Os responsables das atraccións do San Froilán regalan case 500 entradas a nenos de familias vulnerables

Os feirantes tamén entregaron tickets ao persoal municipal, que os cedeu para os nenos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha representación dos responsables das atraccións do recinto feiral do San Froilán entregaron á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, case 500 entradas destinadas a nenos das familias “máis vulnerables”, así como para o persoal municipal “que fixo posible que este ano se puidesen instalar en Lugo”.

Segundo informou o Goberno municipal nun comunicado, o persoal do Concello tamén cedeu as súas entradas para os máis pequenos. O obxectivo, indican os feirantes, é que “ningún neno de Lugo quede sen subir ás atraccións da feira“, para o que doarán máis se é necesario. Ademais, quixeron agradecer así ao Concello “a súa implicación co sector”.

A alcaldesa asegurou sentirse “moi honrada” polo xesto dos feirantes. “Como non podía ser doutra maneira, a nosa vontade é que ese xesto de agarimo, esa solidariedade e xenerosidade, chegue directamente a aquelas persoas ás que a crise sanitaria e económica que trouxo a pandemia provocou un maior impacto”, sinalou a rexedora municipal.

Pola súa banda, a concelleira de Benestar, Olga López, informou de que os tickets se entregarán ás familias que estean dadas de alta no programa de Educación Familiar. Esta iniciativa, lembra o Goberno municipal, súmase á redución dos prezos das atraccións, compromiso por parte dos feirantes a cambio de non cobrarlles este ano as taxas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...