InicioSucesosDeclaran prisión provisional para a muller detida por apuñalar a outra nunha...

Declaran prisión provisional para a muller detida por apuñalar a outra nunha cafetaría

A detención produciuse na tarde deste pasado mércores por feitos que ocorreron no centro da cidade, cando unha chamada á sala do 091 advertiu de que unha muller tentara apuñalar a varios clientes dunha cafetaría do centro da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 2 de Lugo, en funcións de garda, decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para a muller detida por apuñalar a outra despois de tentar agredir a clientes nunha cafetaría da cidade.

Así o informaron fontes xudiciais, que concretaron que esta muller está investigada por un delito de tentativa de homicidio e por outro de lesións con instrumento perigoso.

A muller, de 41 anos, foi arrestada por axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo por un delito de homicidio en grao de tentativa tras apuñalar a outra muller despois de tentar agredir aos clientes dunha cafetaría na capital luguesa.

A detención produciuse na tarde deste pasado mércores por feitos que ocorreron no centro da cidade, cando unha chamada á sala do 091 advertiu de que unha muller tentara apuñalar a varios clientes dunha cafetaría do centro da cidade.

Enviadas todas as dotacións en servizo ao lugar e no traxecto ao mesmo, mediante outra chamada, os axentes foron alertados de que na rúa Conde Pallares unha muller fora apuñalada por outra.

Así, personadas as dotacións no lugar e verificado que había unha muller que recibiu dúas puñaladas nas costas e un brazo, préstaselle asistencia inmediata e unha dotación queda con ela á espera da chegada dos servizos sanitarios.

PROCURA

Mentres tanto, por parte do coordinador de servizos establécese un dispositivo de procura da autora dos feitos, co fin de “evitar que se puidese producir máis incidentes“, destaca a Policía.

De feito, relatan as mesmas fontes, mentres se atendía á vítima que fora apuñalada se personó no lugar a propietaria da cafetaría que dera o primeiro aviso, quen apuntou o intento de agresión a varios dos seus clientes.

Co dispositivo de procura en marcha, e a descrición achegada polas testemuñas da agresión, as dotacións policiais de Radiopatrullas localizaron en cálea San Marcos á autora do apuñalamento, que foi detida e traslada a dependencias policiais na rúa Chantada. A Policía subliñou que “a rápida intervención puido evitar novas agresións”.

NAVALLA INTERVIDA

Cando se procedeu á súa detención incautóuselle unha navalla, coa que supostamente perpetrara as agresións, sinala a Policía Nacional.

Pola súa banda, a vítima foi ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) con dúas puñaladas no costado que, sinalan as mesmas fontes, afectáronlle a un pulmón e un brazo.

ÚLTIMAS

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...