InicioCulturaTanxugueiras, Samantha Hudson e David Rees estarán no San Froilán 2021

Tanxugueiras, Samantha Hudson e David Rees estarán no San Froilán 2021

As festas deste ano tamén contarán con cinco actuacións de catro orquestras na praza de Augas Férreas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xa se coñecen os últimos concertos que completan a programación cultural desta edición do San Froilán. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, explicou que “son dúas propostas musicais de gran calidade, as Tanxugueiras veñen de ser escollidas como favoritas da audiencia de todo o Estado para o certame de Eurovisión; e David Rees conta con temas que acumulan máis de 200 reproduccións”. A actuación das primeiras terá lugar o 12 de outubro na praza de Santa María, e o concerto do cantante malaguero darase na praza Horta do Seminario o vindeiro día 9.

Ademais, o V concurso Miss Deusa, que terá lugar o día 7 na contorna do Auditorio Municipal Gustavo Freire, contará coa actuación de Samantha Hudson, unha recoñecida artista, cantante e actriz dentro do colectivo LGBT.  O seu proxecto musical xoga cos paradigmas do xénero, o sexo e a liberdade de expresión. Samantha Hudson considérase actualmente unha das iconas da Xeración Z, acumulando preto de 400.000 seguidores nas distintas redes sociais.

Orquestras

Maite Ferreiro presentou tamén ás catro orquestras que formarán parte deste San Froilán. A área de Cultura contará coa París de Noia o día 4 en Augas Férreas, a orquestra Marbella o venres 8, a Arizona o sábado 9 e a Costa Dorada o luns 11. Todas as actuacións serán na praza de Augas Férreas ás 20:30, e o luns 11 contarase cunha actuación a maiores ás 18:00.

As persoas interesadas en acudir ás distintas actuacións das orquestras que forman parte do programa do San Froilán deberán rexistrar os seus datos a través da seguinte plataforma, que xerará un código QR cos datos de cada persoa: https://www.orquestasdegalicia.es/generador-qr. A capacidade total das actuacións de orquestras será de 500 persoas de pé, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.

 

 

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...