InicioA UlloaTramitadas 76 propostas de sanción por incumprimento das restricións na última semana

Tramitadas 76 propostas de sanción por incumprimento das restricións na última semana

A subdelegada do Goberno anuncia que "se reforzarán" os controis nos concellos lucenses "que están en niveis máximo e alto".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional e a Garda Civil tramitaron 76 propostas de sanción na última semana na provincia de Lugo no marco dos dispositivos para controlar o cumprimento das restricións pola pandemia da Covid-19.

Segundo informou a Subdelegación do Goberno nun comunicado, nunha reunión este xoves da subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez, coas forzas e corpos de seguridade, fixeron balance dos controis realizados na última semana.

En concreto, a subdelegada detallou que entre os pasados días 22 e 28 de xullo a Policía Nacional e a Garda Civil realizaron na provincia de Lugo 585 controis, coa participación de 1.144 axentes.

Así mesmo, efectuaron 476 inspeccións en establecementos de hostalaría. En total, aseguran as mesmas fontes, foron identificadas máis de 6.500 persoas e controlados 5.546 vehículos. Froito deses controis tramitáronse 76 propostas de sanción.

DISPOSITIVO

Na reunión deste xoves, ademais, estudáronse os dispositivos que se porán en marcha na provincia para cumprir as novas restricións establecidas polas autoridades sanitarias para frear a Covid-19.

Isabel Rodríguez destacou que as forzas de seguridade “continuarán traballando de modo coordinado para velar polo cumprimento da normativa establecida polas autoridades sanitarias” para os distintos concellos da provincia.

Deste xeito, anunciou que “se reforzarán especialmente” os controis naqueles concellos da provincia “que están en niveis máximo e alto”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...