InicioSociedadeO presidente da Deputación de Lugo: "Moitos concellos do rural están a...

O presidente da Deputación de Lugo: “Moitos concellos do rural están a quedar sen médico”

Empraza ao Goberno galego a priorizar os servizos sociais para "non deixar aos anciáns en mans das empresas privadas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, acusou este martes, antes do pleno provincial, á Xunta do “total abandono” que sofre o medio “rural” na Comunidade galega.

Tomé ironizou con que o Goberno galego “está a facer xusto o que di e promete, prometía que ía ser a lexislatura do rural e foi a lexislatura do total abandono do rural, onde se perden servizos, públicos e privados, e a Xunta non está a facer nada para remediar iso”.

“En moitos concellos, non nun en dous ou en tres senón en moitos municipios están a quedarse sen médicos, sen pediatras, onde os centros de saúde téñense que pechar polas saídas dos médicos a domicilios e non hai ninguén que os cubra”, abundou.

Así, non dubida de que se vive “unha situación dramática a que se dá no rural galego en relación coa sanidade e os servizos públicos”, ademais doutros servizos privados como é a sucesión de peches de oficinas bancarias.

O presidente provincial emprazou á Xunta a que “priorice os servizos sociais, porque o que non pode ser é que o Goberno galego deixe aos anciáns en mans das empresas privadas no canto de tomar o exemplo da Deputación de Lugo e facer residencias públicas de calidade, e achegalas aos concellos máis pequenos”.

“BOA SANIDADE”

Tamén apelou á necesidade “de ter unha boa sanidade pública, de ter uns bos servizos sociais para aquelas persoas que o están pasando mal e non teñen ingresos”.

“Iso é o que ten que facer a Xunta; achegar os servizos aos cidadáns, deixarse de tanto aparato e de facer oposición ao goberno do Estado, que para iso xa ten ao señor Casado. E se non lle vale que o cambie, pero desde logo o señor Feijóo a súa función non é a facer oposición a Pedro Sánchez”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...