InicioLugo e contornaLugoLugo suma outros 100 casos e supera xa os 1.200 positivos

Lugo suma outros 100 casos e supera xa os 1.200 positivos

Mantén 15 positivos hospitalizados, ningún deles en UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 freáronse lixeiramente e descenden a 1.092 en Galicia, o que supón 73 menos que a xornada anterior, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus repuntan a 174, que representan 25 máis que o día pasado. Pola súa banda, os casos activos ascenden a 12.889 –o dobre de hai unha semana– e a taxa de positividade redúcese lixeiramente a un 9%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do martes, recollidos por Europa Press, aumentan a 153 as persoas ingresadas en unidades convencionais pola Covid-19, que supoñen 25 máis que na xornada anterior, e mantéñense en 21 as que se atopan en UCI. Pola súa banda, 12.715 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en seis das sete, entre elas a de Lugo, se ben esta se mantén entre os niveis máis baixos de Galicia xa que segue sen positivos en UCI e conta con 15 noutras unidades –un máis que na anterior xornada–. No tocante aos casos activos, estes  ascenden por vixésimo oitava xornada consecutiva ata os 12.889, que representan 852 máis que o día pasado, ao haber de novo máis contaxios (1.092) que altas (240). Con respecto a fai sete días, as infeccións activas supoñen o dobre, xa que o pasado mércores 14 de xullo había 6.298 no conxunto da Comunidade galega.

Por áreassanitarias, os casos activos increméntanse en todas, de maneira máis acusada na de Vigo (+202), e máis relaxadas no caso Lucense, que porén chega a 1.241 casos logo de sumar 102 casos nunha soa xornada. É a segunda área con menos contaxios de Galicia, por diante de Ferrol, que apenas suma 506. Na pasada xornada, a área de Lugo rexistrou un total de 120 casos novos, fronte os 59 da zona ferrolá ou os 260 de Vigo.

A nivel galego, e en canto á taxa de positividade das PCR, volve reducirse e baixa a un 9,3% tras caer ao 10,9% o día anterior despois de arrincar esta semana nun 13%. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata hai dúas semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...