InicioSociedadeO Sergas fará un cribado en Castroverde para cortar o gromo de...

O Sergas fará un cribado en Castroverde para cortar o gromo de Covid detectado

Os casos detectados en relación a outro gromo en Lugo están "estables" pero o xerente da área sanitaria recoñece que o Arde Lucus non chega no mellor momento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xerente da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, informou de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas), en colaboración co concello, está a realizar un cribado entre os “grupos de poboación e laborais” relacionados co gromo no municipio, vinculado con outro activo en Lugo, para tratar de cortar canto antes as cadeas de transmisión.

Inicialmente, nese gromo, relacionado cunha reunión familiar, foron detectados once positivos e, aínda que non se produciu un “incremento explosivo de casos”, si “han ir aparecendo” novos positivos. “Faremos todas as PCR que sexan necesarias”, asegura Ares, quen tamén precisou que a evolución dos gromos detectados en Castroverde e Lugo é “estable”, dado que están “acoutados” e o Sergas “segue traballando neles para cortar as cadeas de transmisión”.

ARDE LUCUS

Este fin de semana celébrase en Lugo a festa do Arde Lucus e, aínda que Ares recoñeceu que non chega no mellor momento, porque a situación epidemiolóxica na cidade estaba bastante mellor hai algunhas semanas, dixo que a “vida segue”. En todo caso, aínda que recoñeceu que a xente “ten que participar” nas actividades programadas, tamén pediu que se faga “con responsabilidade e con coidado”. “Sobre todo a xente máis nova, que é a que non está vacinada”, insistiu. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...