InicioSociedadeDetectado un positivo nas oficinas da Deputación que obriga a teletraballar no...

Detectado un positivo nas oficinas da Deputación que obriga a teletraballar no servizo de recadación

No momento en que se coñezan os resultados do cribado, a situación será avaliada para "tomar as medidas que correspondan", conclúe o goberno provincial que encabeza José Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O positivo en coronavirus dun traballador das oficinas a Deputación de Lugo obrigou a activar o protocolo anti covid no departamento de recadación da administración provincial, cuxo persoal desenvolverá as súas funcións de forma non presencial ata, como mínimo, que se coñezan os resultados do cribado.

Unhas probas diagnósticas ás que, segundo explica o goberno provincial nun comunicado remitido aos medios na tarde deste martes, foron sometidas os 37 empregados dos servizos de recadación da Deputación de Lugo.

Deste xeito, nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Tui da cidade de Lugo, haberá unha única persoa para atender de forma presencial. O resto de traballadores desempeñarán as súas funcións desde os seus fogares.

No momento en que se coñezan os resultados do cribado, a situación será avaliada para “tomar as medidas que correspondan”, conclúe o goberno provincial que encabeza José Tomé.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...