InicioSociedadeA Deputación de Lugo pásase aos tests de saliva para o seu...

A Deputación de Lugo pásase aos tests de saliva para o seu cribado posvacacional

Afectará á metade dos seus traballadores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo realizará un cribado á metade do seu persoal tras Semana Santa mediante test rápidos de antíxenos con mostras de saliva e, no caso de detectarse casos positivos por coronavirus, estes confirmaranse con PCR.

Segundo trasladou a institución, esta medida enmárcase nos protocolos do servizo provincial de Prevención para protexer a seguridade e a saúde dos traballadores tras o período vacacional. As probas realizaranse entre este luns e este venres nos corredores do Salón de Plenos, que se adaptarán para que o cribado leve a cabo coas máximas garantías sanitarias.

Deste xeito, búscase detectar contaxios de modo precoz mediante test rápidos de antíxenos con mostra de saliva, para o que se citará ao persoal desde o servizo de Prevención, que realizará unha selección e repartirá de modo equitativo a porcentaxe de participación.

Este test permiten dispor do resultado o mesmo día no que se realizan, uns minutos despois da recollida da mostra. Ademais, á realización das probas sumaranse as medidas preventivas adoptadas pola Deputación desde o inicio da pandemia e que se adaptan en función da evolución da mesma.

Paralelamente, manterase o mantemento das medidas de prevención nas dependencias da Deputación Provincial, coa ventilación das oficinas, a distancia de seguridade e o uso obrigatorio da máscara.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...