InicioEconomíaA iluminación pública de baixo consumo ábrese paso entre os concellos lucenses

A iluminación pública de baixo consumo ábrese paso entre os concellos lucenses

A Deputación de Lugo comeza a substituír a luminaria dos 38 concellos adscritos ao plan de renovación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo xa comezou a substituír as luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED de baixo consumo nos 38 concellos da provincia adheridos ao plan de aforro enerxético Ilumin@. En concreto, os traballos xa están moi avanzados nos municipios de Baralla, Cospeito, Láncara, Begonte e Castro de Rei e no resto están a piques de comezar, despois de terminar esta semana todas as accións da primeira fase de supervisión de instalacións técnicas municipais.

No caso de Baralla está a acometerse a renovación enerxética da iluminación pública de Sobrado de Picato, onde se renovan 36 puntos de luz cun investimento de máis de 14.000 euros. Pola súa banda, en Cospeito, o Ilumin@ está a mellorar a iluminación pública no núcleo de Xustas. Renóvanse 58 puntos de luz cun investimento de preto de 19.000 euros.

Onde tamén están moi avanzados os traballos é na localidade de Láncara. O obxectivo neste lugar é renovar a instalación da iluminación pública de San Pedro e da área Recreativa, onde se cambiarán 33 puntos de luz cun investimento de máis de 15.500 euros. No concello de Begonte, ademais, está a actuarse nas instalacións exteriores da Estrada de Saavedra e Baltar-Damil. Neste municipio renóvanse 30 puntos de luz cun investimento de máis de 14.000 euros. Doutra banda, en Castro de Rei cámbianse 32 puntos de luz da iluminación das rúas Emilio Sinde Neto, Manuel Becerra e Prevesos, cun investimento de preto de 20.400 euros.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...