InicioPolíticaA Deputación esixirá á Xunta a declaración da praga da velutina

A Deputación esixirá á Xunta a declaración da praga da velutina

Malia á posición defensiva do Partido Popular en defensa do goberno autonómico, a proposta prosperou con aportacións de todos os grupos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Antes de discutir o control da velutina, o pleno da corporación provincial atravesou intres de lea pola non votación dunha iniciativa de Manuel Martínez, expulsado das filas do PSdeG. Xusto antes do debate da eliminación do pleno de agosto, o deputado díscolo pediu a supresión do resto de plenos da lexislatura para evitar o que caracterizou de pisoteo dos seus dereitos “na loita contra a falta de transparencia e o non cumprimento da lexislación”. En resposta, o presidente da Deputación, Darío Campos, pediulle que non fixera “máis espectáculo” e que non fose “protagonista e personaxe” e procedera a votar a moción.

A continuación procedeuse a un debate polarizado arredor do combate á expansión da avespa asiática. O grupo socialista esixiu á Xunta, como fixera no Concello de Lugo e no resto da provincia, a declaración de praga da velutina. Contou na argumentación co apoio do Bloque Nacionalista Galego, que criticou a posición do Partido Popular no Parlamento de Galicia, que obrigou a derivar as competencias nos concellos, como sucedera coas faixas contralumes.

Dende o Partido Popular, José Ulla asegurou que a potestade da declaración de praga corresponde ao goberno central, e que o trampeo masivo podería afectar a outras especies autóctonas. O asemade rexedor de Rábade dixo que Santos unicamente perseguía un mérito de cara ao partido e ao electorado, e que a proposta non solucionaría o problema. E adiantou que os populares agardarán polo Ministerio para a Transición Ecolóxica ou unha eventual modificación legal.

Santos asegurou que a moción “non é un ataque, senón un chamamento” para atallar un escenario “no que o cidadán está preocupado porque o problema non se soluciona”, como sucedeu coa pataca. O voceiro socialista, chamou a atención sobre os cambios no comportamento da avespa asiática, que comezou a atacar tamén as vides, criticou a descoordinación dos organismos autonómicos, e apuntou a que a declaración de praga desbloquearía os recursos económicos necesarios para o control da velutina.

Finalmente a proposta saíu adiante coa engádega que urxe ao goberno central a intervir e proseguir coa investigación (e que levou á abstención do Partido Popular), outra enmenda para evitar especificar o número de trampas a colocar, e a solicitude de implicación do Consorcio Provincial de Bombeiros auspiciada por Martínez.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...