InicioLugo e contornaA Xunta corrixe a omisión de Lugo nas restricións de mobilidade publicadas...

A Xunta corrixe a omisión de Lugo nas restricións de mobilidade publicadas no DOG

Lugo non se inclúe no nivel máximo de restricións, pero si continúa pechada a entrada e saída da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores, nunha edición bis, un decreto de corrección de erros no que se dá conta do mantemento do peche perimetral da cidade de Lugo, omitido por erro no decreto de medidas covid do martes.

En concreto, a Xunta lembra con este decreto que, a partir da entrada en vigor das novas restricións na medianoite do mércores ao xoves, continuará pechada a entrada e saída do concello de Lugo.

No entanto, Lugo non se inclúe –coma se pasou coas cidades de Pontevedra e Vigo– no nivel máximo de restricións, polo que a partir deste mércores será a única cidade galega perimetrada pero con restricións de nivel medio-alto (interior de locais de hostalaría ao 30% e ao 50% en terraza).

A limitación de mobilidade –que non rexe no resto de municipios en nivel medio-alto– aplícaselle por un criterio de prudencia dado o seu volume de poboación e a posible mobilidade dos seus habitantes.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...