InicioSociedadeLugo, entre as provincias onde máis persoas solicitan ser excluídas do xogo...

Lugo, entre as provincias onde máis persoas solicitan ser excluídas do xogo ‘online’

No conxunto de Galicia case 1.400 pediron a súa inclusión no Rexistro Xeral de Interdiccións de Acceso ao Xogo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 1.392 residentes en Galicia solicitaron o ano pasado ser excluídos do xogo en liña, segundo informou o Ministerio de Consumo nun comunicado. A cifra alcanzada ao longo do 2020 supón case 11% máis que os 1.255 que pediron a súa inclusión no Rexistro Xeral de Interdiccións de Acceso ao Xogo (RGIAJ), que creceu un 12,02% no conxunto de España en 2020 ata alcanzar os 56.329 inscritos o 31 de decembro (6.042 máis que un ano antes).

Un total de 6.042 persoas pediron o ano pasado a súa exclusión do xogo en liña en España, segundo informou o Ministerio de Consumo nun comunicado, que sitúa Lugo entre as provincias onde máis aumentaron estas solicitudes no último ano en termos porcentuais cun 24,19%. Así, Lugo figura entre as provincias españolas con maior crecemento en termos porcentuais do conxunto estatal cun 24,19% máis de inscritos neste rexistro ao sumarse 77 persoas máis.

En termos absolutos, as provincias galegas máis poboadas, A Coruña e Pontevedra, foron tamén as que maior número de persoas achegaron con 761 e 503, respectivamente. Isto supón un incremento do 9,1% na Coruña e do 11,8% en Pontevedra. Por último, en Ourense acolléronse a esta ferramenta durante o ano 2020 un total de 51 persoas, un 10,9% máis que o ano anterior.

O Ministerio destacou que cando unha persoa detecta a súa adicción ao xogo, unha das medidas de protección que existen en España é a inscrición no rexistro de autoprohibidos, que lle impide o acceso á actividade. Ao darse de alta, a administración e as empresas imposibilitan a entrada a portais en liña onde se pode apostar. Nesta base de datos pódense inscribir voluntariamente aquelas persoas que queren protexerse a si mesmas e ás súas familias dos efectos dunha acción compulsiva do xogo.

Actualmente existe un rexistro de carácter estatal e cada comunidade autónoma posúe un propio. A base de datos que depende do Ministerio de Consumo impide o acceso ao xogo en liña, mentres que se unha persoa se inscribe no da súa comunidade, verá restrinxida a súa capacidade de xogar naqueles establecementos físicos de xogo regulados polas comunidades autónomas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...