InicioSociedadeDetido un home por tres furtos nunha tenda de deportes de Lugo

Detido un home por tres furtos nunha tenda de deportes de Lugo

O detido empregou o método 'faraday', que consiste en forrar unha bolsa de papel aluminio para anular o sistema de alarmas que levan incorporados os obxectos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un home de 40 anos veciño de Lugo acusado de cometer tres furtos nunha tenda da capital luguesa nos que empregaba unha bolsa forrada con papel de aluminio para evitar que saltasen as alarmas do establecemento. Diso informa este venres a Comisaría da Policía Nacional de Lugo, que detalla nun comunicado que ao arrestado lle constan varios episodios por feitos similares no pasado.

O detido empregaba para os seus furtos o coñecido como método ‘faraday’, que consiste en forrar unha bolsa de papel aluminio co que se anula o sistema de alarmas que levan incorporados os obxectos e que se acciona ao pasar polo arco da porta.

Os tres furtos que se lle imputan a este home foron cometidos entre o 7 e o 12 deste mes de xaneiro nunha tenda de deportes de Lugo. O individuo entraba no establecemento cunha bolsa de grandes dimensións, baleira ou con pezas usadas, onde introducía os obxectos que subtraía e que non facían saltar as alarmas debido ao mencionado sistema.

Tras a denuncia efectuada polos responsables da tenda, que achegaron as gravacións das cámaras do establecemento, os axentes da Policía Nacional lograron identificar o sospeitoso que, segundo a comisaría lucense, é coñecido por protagonizar este tipo de accións.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...