InicioSociedadeA provincia espertou cuberta de branco e con dificultades para circular polas...

A provincia espertou cuberta de branco e con dificultades para circular polas estradas

Nalgúns puntos chegaron a acumularse entre 10 e 20 centímetros de espesor, ademais das placas de xeo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neve non marcha da provincia de Lugo nestes primeiros días de aninovo e varios concellos volveron espertar cubertos de branco. A Deputación mantén despregado un dispositivo invernal de 96 operarios e 48 máquinas ante o temporal, que deixou fortes nevadas a partir dos 600 metros de altitude e que complica a circulación en varios puntos.

En concreto, o dispositivo traballa desde primeira hora deste luns en máis de cen estradas que discorren por 20 municipios do conxunto da provincia: Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol, Taboada, A Pontenova e Mondoñedo.

Nas vías destes municipios transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que chegaron a provocar espesores de entre 10 e 20 centímetros, ademais de placas de xeo.

Do mesmo xeito, continúan os traballos para despexar a estrada ao Piornedo, a LU-P-3505, que sufriu o pasado venres, día 1 de xaneiro, un desprendemento, e que permanece cortada. A previsión da institución provincial é que a estrada estea aberta á circulación para a próxima semana, a condición de que as condicións meteorolóxicas así o permitan.

Ademais das vías provinciais, a neve esixe circular con precaución noutras estradas da rede nacional, como a LU-540 ao seu paso por Muras, a AG-64 e a N-634 en Vilalba, a A-8 entre Mondoñedo e Abadín e a LU-633 en Pedrafita. En todos os casos o nivel é verde, pero pídese precaución.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...