InicioSociedadeA vacina de Pzifer chega a outras 7 residencias lucenses

A vacina de Pzifer chega a outras 7 residencias lucenses

PUBLICADA O

- Advertisement -

Do mesmo xeito que noutras áreas de Galicia coa chegada de novas doses, este mércores proseguiu a vacinación na área sanitaria de Lugo, onde se alcanzaron outros sete centros de maiores da provincia. Así o explicou o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, que precisou que se vacinou a residentes e persoal das residencias de Orpea e Albertis, en Lugo cidade, así como na Vivenda Comunitaria Miradoiro de Alear.

Ademais, as vacinas chegaron este mércores á residencia de dano cerebral de Castro Ribeiras de Lea (en Castro de Rei), á residencia de Paradela e ás vivendas comunitarias de Sarria e Samos. Son sobre “280 ou 300” persoas, calcula, que puideron ser inoculadas cunha primeira dose da vacina Pfizer, unha campaña que se “desenvolve con normalidade” na provincia. “Cada residencia ten un equipo composto por dous enfermeiros, que son os que realizan e fan toda a campaña. Imos seguir con esta vacinación en días sucesivos”, engadiu.

Ramón Ares pormenorizou que “a programación faise semanalmente”, cunha nova recepción de dose cada luns. Con iso, ao final do mes de xaneiro contan con ter vacinados a 7.500 residentes e traballadores da área. “Nas residencias grandes as vacinacións poden durar varios días e nas residencias máis pequenas facemos a vacinación de residentes e traballadores nun só día”, sinalou Ramón Ares.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...