InicioSucesosCinco anos de cárcere para o adestrador de 60 anos que...

Cinco anos de cárcere para o adestrador de 60 anos que abusou dunha das súas xogadoras de 15

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de prisión e a outro cinco anos de liberdade vixiada a un adestrador dun equipo de fútbol sala de 60 anos por abusar sexualmente e de forma continuada dunha das xogadoras, de 15 anos.

Ademais, impúxolle a prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima durante seis anos, así como a inhabilitación para calquera profesión ou oficio que leve contacto regular e directo con menores durante cinco anos.

O tribunal considera acreditado que o acusado iniciou un achegamento sexual cara á menor, que se atopaba baixo a tutela da Xunta e ao coidado da súa avoa materna, en xullo de 2015, cando ela contaba con 15 anos, e que a mantivo ata 2017.

Para iso, afirma o tribunal, se valeu da “súa superioridade” como adestrador da moza e “como referente masculino”, dado que a vítima crecera ” sen a figura dun pai”. De feito, apunta, inicialmente a menor cría que “vivía dentro dunha relación que non percibía como abusiva” e só tras acudir a terapia decatouse da realidade.

Para a Audiencia, tanto as testemuñas como as probas –como as mensaxes intercambiadas entre ambos os dous– acreditan o sucedido. “Non existe dúbida algunha de que se bicaban, acariñábanse e masturbábanse, condutas que, necesariamente, o acusado, con máis de 60 anos, debía coñecer que non podía manter cunha nena de 15 anos nunha situación de clara vulnerabilidade“, di a sentenza.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...