InicioLugo e contornaFriolO alcalde de Friol esixe que "dunha vez por todas" a Xunta...

O alcalde de Friol esixe que “dunha vez por todas” a Xunta desbloquee a concentración parcelaria en dúas parroquias

Para lograr este obxectivo, o alcalde descarta manter novas reunións. "Xa as tivemos e non frutificaron", resolveu.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Friol, o popular José Ángel Santos, esixiu este venres ao conselleiro de Medio Rural, José González, que “execute dunha vez por todas” a concentración parcelaria das parroquias de Seoane e Mundín, que “veñen esixindo os veciños e o concello desde hai moitos anos”.

Así, o rexedor dixo que se trata dunha concentración “que é básica para as instalacións gandeiras asentadas na parroquia de Seoane e no núcleo de Gundín”.

“Solicito ao conselleiro de Medio Rural que axilice, dunha vez por todas, a execución da parcelaria mediante decreto”, apremou o rexedor friolense.

Para lograr este obxectivo, o alcalde descarta manter novas reunións. “Xa as tivemos e non frutificaron”, resolveu, tras o que explicou que sabe de “primeira man” que “todos os informes pendentes son favorables e agora está o balón no tellado do conselleiro”.

Nestas aldeas, explicou José Ángel Santos, viven “sobre 75 ou 76 veciños” e a parcelaria “pretende actuar ao redor de 380 hectáreas, a maioría dedicadas a uso agrícola”. Nestes momentos son 24 as explotacións “asentadas” neses lugares de Friol, un 60% delas de leite e un 40% de “carne”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...