InicioSociedadeA piques de abrir o prazo para optar a un dos 15...

A piques de abrir o prazo para optar a un dos 15 contratos xuvenís da Deputación

O soldo mínimo é de 950€. Pódense presentar os mozos e mozas de entre 16 e 32 que residan nos concellos menos poboados da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

De peón forestal a fontaneiro, pasando pola hostalaría. Dende o luns vindeiro mozos e mozas da provincia poderán optar a un dos 15 empregos remunerados que ofrece a Deputación como parte do plan de emprego xuvenil “Prende!”. Segundo destacan dende o órgano provincial, os postos están orientados a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos dos 58 concellos con menos poboación da provincia, xa que un dos obxectivos da iniciativa é “fixar poboación” nestes entornos.

O prazo para presentar solicitude permanecerá aberto ata o 2 de outubro. A primeira remesa de empregos inclúen15 postos repartidos entre os seguintes perfís profesionais: 1 peón forestal, 2 axudantes de camareiro, 1 fontaneiro, 4 peóns de gandería, 2 camareiro e 1 administrativo, 1 peón agrícola, 1 bodegueiro e 1 oficial de gandería. A remuneración será dun mínimo de 950€ mensuais.

Poderán concorrer aos contratos mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de idade, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e empadroados nos 58 concellos lucenses que teñen menos de 5.000 habitantes ou entre 5.000 e 10.000 cun saldo demográfico negativo na última década. Poden inscribirse todas as persoas que cumpran cos requisitos, aínda que terán prioridade os participantes na primeira fase do programa Prende!

Unha vez que remate o prazo de inscrición, a Axencia de Colocación da Deputación fará unha preselección dos perfís que mellor se adapten ás ofertas de traballo, para que, finalmente, sexan as empresas as que seleccionen o aspirante ao emprego.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...