InicioSucesosDetido en Lugo un home por roubo a un hóspede nun hostal...

Detido en Lugo un home por roubo a un hóspede nun hostal no que ambos se atopaban

O home detido xa contaba con antecedentes e foi trasladado a dependencias policiais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un home, de 35 anos e con antecedentes, como autor dun roubo con violencia a un hóspede nun hostal próximo ao centro da cidade.

Segundo informa a Policía Nacional, os feitos ocorreron na tarde do martes polo que foi solicitada a presenza da Policía Nacional. Achegada a dotación policial, tanto pola responsable do establecemento como do requirente, manifestan que cando este hóspede chegou á súa habitación atopouse co outro home, agora detido, no interior e oculto na zona do baño.

Tras serlle recriminada a acción tratou de saír, o que lle impediu nun primeiro momento o denunciante, ao que o agora detido golpea, e rouba o xogo de chaves da súa pertenza e as que utilizaría para acceder ilicitamente á habitación, marchándose do lugar.

Entón o agredido, diríxese aos responsables do hostal, quen se pon en contacto coa Policía Nacional e comunica á vítima que o autor do roubo, pola descrición dada, pode ser outro dos usuarios do hostal.

Os axentes dirixíronse, á súa chegada, á habitación do suposto autor dos feitos, que abriu a porta á Policía, momento no que foi identificado e detido, ademais de proceder ao seu posterior traslado a dependencias policiais.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...