InicioEconomíaGandeiros denuncian "ameazas" e "coaccións" para baixar aínda máis os prezos do...

Gandeiros denuncian “ameazas” e “coaccións” para baixar aínda máis os prezos do leite

Esixen a intervención da administración ante a súa "indefensión".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Novo episodio de denuncia por parte de gandeiros galegos contra as “coaccións intolerables” da empresa Inleit para “rachar o contrato asinado no mes de marzo e cambialo por un novo” que, segundo os produtores, contemplaría “peores condicións de prezos e prazos”.

Así o denunciou o presidente da plataforma Agromuralla, Roberto López, quen asegura que a empresa asentada en Teixeiro “está a presionar aos gandeiros aos que recolle o leite en Galicia” para que estes acepten cambiar o contrato que teñen asinado por outro “con prezos á baixa de entre 2 e 3 céntimos”. Segundo defenden dende a asociación, esta negociación estase a producir “baixo ameazas de deixar de recollerlles o leite e emprender accións legais contra eles”. 

PIDEN Á ADMINISTRACIÓN QUE INTERVEÑA

Ante esta circunstancia, a demanda dos gandeiros oriéntase á “intermediación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura” ante a “indefensión” que están a sufrir. “A empresa leva semanas celebrando reunións individuais cos gandeiros para presionalos para que acepten rebaixar as cláusulas dos contratos que teñen asinados, algo que é totalmente ilegal, con presións e ameazas que son intolerables”, denuncia Roberto López.

A asociación Agromuralla lembra que Inleit, a empresa de nova creación asentada no polígono industrial de Teixeiro, de capital español e americano (Liasa e Rich’s Corporation), “contou co respaldo da Xunta de Galicia e recibiu unha importante inxección de fondos públicos para a posta en marcha da súa planta, polo que a Xunta de Galicia non pode agora lavarse as mans e mirar para outro lado cando os dereitos dos produtores se están vendo gravemente vulnerados”.

ÚLTIMAS

Besteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da provincia de Lugo, onde hai “dous suicidios á semana” de media

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este xoves en Lugo da...

O goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que os anunciadas o luns tras o Consello

A portavoz do PSOE no goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, volveu a...

Novos desprendementos nos xulgados de Lugo por filtracións de auga

As filtracións de auga no edificio dos xulgados de Lugo continúan causando estragos con...

O PP sinala a Arroxo por aproveitar a ausencia do alcalde para pagar sancións por verteduras

O Partido Popular de Lugo acusou ao tenente de alcalde nacionalista, Rubén Arroxo, de...