InicioSociedadeA Deputación de Lugo suspende as visitas ás residencias da Fonsagrada e...

A Deputación de Lugo suspende as visitas ás residencias da Fonsagrada e Pol

Faino "como medida preventiva" ante a evolución do rebrote da Mariña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo decidiu suspender as visitas e saídas nas residencias da Fonsagrada e Pol, que dependen da institución provincial e que se atopan fóra do distrito sanitario da Mariña, “como medida preventiva” ante a evolución do rebrote.

Ambos os centros atopábanse aplicando as medidas da fase 2 desde o pasado 25 de xuño e as de Ribadeo e Trabada estaban pechadas a persoal externo e non se permitían xa saídas.

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, indicou a través dun comunicado que a medida pretende adiantarse ás disposicións da Xunta para o control da propagación do virus nas zonas próximas á Mariña.

Para “reforzar a prevención e minimizar o risco de contaxio”, farase unha desinfección integral das instalacións deste catro centros. A Deputación, defendeu Tomé Roca, aplica “as máximas medidas de prevención” para evitar contaxios, en especial nas residencias, posto que os seus usuarios “son as persoas máis vulnerables ante a COVID-19”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...