InicioSociedadeLeve repunta de casos en Lugo, a única área galega que sumou...

Leve repunta de casos en Lugo, a única área galega que sumou diagnósticos

A provincia conta 31 positivos, un máis ca o pasado luns. Só unha persoa continúa hospitalizada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo presenta este martes 9 de xuño unha leve repunta de casos activos por coronavirus ao contar 31 positivos, fronte aos 30 de onte. Este dato non se traduce nun aumento nas hospitalizacións, xa que só unha persoa continúa ingresada no HULA. Daquela, o novo diagnóstico correspóndese cun paciente que está a ser atendido no seu domicilio.

Así, a área lucense é a única galega na que aumentan os casos activos segundo a información ofrecida pola Consellería de Sanidade. Ocorre tras 16 días de descenso ou estabilidade. No conxunto autonómico, os positivos en activo minguan en nove, ata situarse nos 503.

Na última actualización de datos a nivel galego, o Sergas informa dun só paciente ingresado na UCI, quince en hospitalización e 487 en seguimento domiciliario. Os falecementos mantéñense en 618.

RESIDENCIAS

Por outra banda, non hai cambios na situación das residencias da provincia de Lugo. O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade DomusVi de Bóveda é o único que rexistra un usuario con positivo en COVID-19.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...