InicioSociedadeSen cambios nos casos activos de Lugo: 30 positivos e unha hospitalización

Sen cambios nos casos activos de Lugo: 30 positivos e unha hospitalización

As residencias da provincia rexistran un único usuario contaxiado por COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo non presenta cambios este luns 8 de xuño en canto aos casos activos por coronavirus. Sanidade segue informando de 30 positivos en activo, cunha única hospitalización en planta no HULA.

Hai, ademais, 29 persoas que están recibindo atención hospitalaria a domicilio. As altas epidemiolóxicas sitúanse nas 899 e os falecementos mantéñense en 28.

Outro dato favorable extráese da situación nas residencias da provincia. Só un usuario permanece como positivo en COVID-19 en toda a provincia. Trátase dunha persoa residente no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade DomusVi de Bóveda.

GALICIA

No conxunto autonómico, Sanidade informa de 515 casos activos, nove menos ca onte, dos cales 20 continúan hospitalizados. Os hospitais só rexistran un paciente na unidade de críticos.  Respecto dos falecementos, a cifra non varía dende hai catro días. Ata o momento, houbo 618 vítimas mortais por mor da pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...