InicioSociedadeFalece un paciente que ingresara na Mariña por coronavirus

Falece un paciente que ingresara na Mariña por coronavirus

Permanecía na UCI, pero xa dera negativo nunha nova proba de COVID-19. Por outra banda, Sanidade conta 124 positivos en Lugo, con catro persoas na UCI e outra en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un dos pacientes que permanecían na UCI do Hospital Público da Mariña tras ingresar por coronavirus faleceu no centro hospitalario de Burela, segundo confirmaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Esta persoa  dera negativo no test do virus tras varias semanas ingresado.

A súa morte, porén, non se contabiliza entre os falecementos relacionados coa pandemia, ao considerarse superada a enfermidade. Desta maneira, a provincia mantense con 27 persoas finadas pola COVID-19.

A EVOLUCIÓN, EN DATOS

En canto aos datos para a provincia, a Consellería de Sanidade rexistra este mércores 13 de maio un total de 124 casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, nove menos ca onte.

Catro persoas permanecen na Unidade de Coidados Intensivos do HULA e unha quinta está hospitalizada en planta. Os 119 restantes permanecen baixo atención hospitalaria a domicilio.

Continúan medrando as altas, con 757 persoas curadas de coronavirus na provincia, segundo os datos oficiais de Sanidade.

GALICIA

Na comunidade galega tamén baixan os positivos (-143), pero continúan por riba dos 2.000.  Os pacientes curados ascenden a 7.996 e os falecementos sitúanse nos 597.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...