InicioMedioambiente e PatrimonioOs verquidos da Garaballa levan a Daniel Piñeiro aos xulgados

Os verquidos da Garaballa levan a Daniel Piñeiro aos xulgados

O Partido Popular pedirá a reprobación do edil, mentres que o Concello considera resolto o problema das verteduras coas medidas xa adoptadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os verquidos de augas residuais ao río Rato levarán ao concelleiro Daniel Piñeiro ao xulgado. O responsable de Desenvolvemento Sostible de Lugo terá que declarar por un posible delito leve contra os recursos naturais, debido á situación do pozo de tormentas da Garaballa. Malia que o Bloque Nacionalista Galego levou este asunto perante a Valedora do Pobo, e o Partido Popular pedirá a reprobación do edil socialista, o goberno local considera que o problema resolverase coas medidas xa adoptadas.

A polémica polas verteduras de augas fecais ao río intensificouse logo das tormentas da primavera, aínda que levaba anos sendo obxecto de debate na corporación. Na cerna da discusión, o estado do pozo de tormentas da Garaballa, sen mantemento por mor do contrato da xestión das augas, caducado e aínda sen renovar. Foron os nacionalistas quenes levaron o caso ao Seprona e a Confederación Hidrográfica, resultando en pequenas sancións económicas ao Concello.

Debido á dilación na resolución deste problema de verquidos no río Rato, o BNG acudiu á Valedora do Pobo, que ata o de hoxe non se pronunciou o respecto. Quen si o fixo foi a Fiscalía de Medio Ambiente, conforme aos informes elaborados polos organismos da Xunta. Con todo, a citación xudicial chega despois de que o executivo que dirixe Lara Méndez decidira intervir e xestionar directamente o pozo de tormentas.

Mediado o mes de maio, os técnicos municipais realizaron unha revisión na zona da vertedura. A instalación da Garaballa foi limpada e desbrozada, e posta de novo en funcionamento. Segundo explicou entón o voceiro municipal, Miguel Fernández, os últimos episodios non estarían vencellados ao pozo de tormentas, polo que os responsables de mantemento comprobaron se existian atascos nos túneis. A hipótese é que unha treboada saturou o sistema de evacuación, pero polo de agora non haberá máis actuacións. A solución definitiva, din dende o Concello, pasa polos pregos de contrato da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), que están “moi avanzados” e teñen tratamento “prioritario”

Posto que a discusión tivo sempre coma escenario a Comisión de Infraestruturas, eido que dirixe Manuel Núñez, resulta sorprendente que a instrucción do caso cite a Daniel Piñeiro, que nunca tivo atribucións sobre o pozo de tormentas. O Partido Popular pedirá a súa reprobación no vindeiro pleno de xullo, enmarcando esta solicitude na situación dos contratos de xestión das augas, a estación depuradora e a concesión da Fábrica da Luz.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...