InicioSociedadeOs positivos por coronavirus ascenden a 592 en Lugo, con menos hospitalizados

Os positivos por coronavirus ascenden a 592 en Lugo, con menos hospitalizados

Só nove pacientes permanecen nas Uci da provincia, mentres que as hospitalizacións en planta baixan ata as 39. O Hospital de Monforte converteuse no primeiro centro público galego sen ningún enfermo de COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra un total de 592 casos activos por coronavirus, o que supón un lixeiro aumento respecto da xornada de onte, cando había 589 positivos. Aínda así, redúcese a presión nos hospitais, con tres persoas ingresadas menos.

Segundo informa a Consellería de Sanidade, nove doentes de COVID-19 permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos (dous na Mariña e os outros sete no HULA). Son 39 os pacientes hospitalizados e 544 aqueloutros que están a ser atendidos nos seus domicilios (+6). Nas últimas horas, sóubose tamén que o Hospital Comarcal de Monforte é o primeiro centro público de toda Galicia que fica sen pacientes de COVID-19.

Por outra banda, hai que lamentar 22 falecementos por coronavirus na provincia. Os últimos correspóndense co dunha muller de 89 anos usuaria da residencia de Foz e un varón de 75 que estaba ingresado no HULA. 

En canto ás recuperacións, nas últimas 24 horas déronse tres altas máis, polo que en Lugo xa hai 110 persoas curadas de coronavirus.

GALICIA

No conxunto galego, Sanidade informa de 6.085 persoas contaxiadas neste xoves 16 de abril, 66 máis ca na xornada de onte. Mentres, xa se recuperaron 1.383 persoas e os falecementos xa superan os 400. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...